Servizos · Apartamentos turísticos

Webs con reserva directa para apartamentos turísticos

Reserva directa, calendario sincronizado con Booking.com, Airbnb e Google, cobro directo ao hóspede e un panel para todo. No teu dominio.

Prezos

Págase unha vez. E ao mes, case nada.

Varias unidades

Xestoras e propietarios con varios apartamentos

Desde 11 unidades, ou calquera xestora que leve propiedades doutros propietarios. Unha soa web para todo o catálogo, cada unidade co seu calendario e o seu cobro directo. Panel único para xestionalas todas.

desde 15.000€

+ mensualidade por unidade

Completa

Absolutamente todo.

9.500€

pago único

+ 50€/mesSen comisión por reserva

  • Todo o de Estudio, máis:
  • Bot de atención ao hóspede 24/7
  • Emails automáticos ao hóspede: benvida, chegada e despedida
  • SEO Premium: traballo activo de ocupación todo o ano
  • Sesión completa de foto e vídeo
  • Copywriting integral da web
  • Deseño novo de marca, se se precisa
  • Soporte prioritario
Recomendado

Estudio

O que escollen case todos.

6.500€

pago único

+ 40€/mesSen comisión por reserva

  • Todo o de Esencial, máis:
  • Dominio propio incluído
  • Correo personalizado co teu dominio
  • Fotografía profesional do apartamento
  • SEO local e blog para saír en Google
  • Panel de xestión en vivo: prezos, reservas e incidencias
  • Animacións e microinteraccións premium
  • Código de entrada automático para cada reserva
  • Informe mensual de ocupación

Esencial

O esencial, ben feito.

3.500€

pago único

+ 30€/mes5% por reserva directa

  • Web a medida
  • Reserva directa e calendario sincronizado (Booking.com, Airbnb, Google)
  • Cobro directo ao hóspede
  • Cos teus textos e fotos
  • Posta en marcha completa

Os tres plans son para ata 3 unidades. De 4 a 10 unidades, +2.000€ sobre o plan e +10€/mes por unidade — cada unha leva a súa páxina, o seu calendario e as súas fotos. Desde 11 unidades, proxecto multiunidade.

A mensualidade cobre mantemento, copias de seguridade, soporte e o panel — de 30€ a 50€/mes segundo o plan, desde o primeiro mes.

Como se paga: 50% para empezar, 50% á entrega. IVE aparte.

A conta, cos teus números

Canto che está custando Booking?

O teu plan

40€/mes · sen comisión

Facturando 16.200 € ao ano nesas noites:

Por Booking (≈18%*)2916 €
Coa túa web (plan Estudio)480 €

Aforro cada ano

2436 €

O pago único da web recupérase co aforro — e a web, o dominio e os hóspedes quedan sendo teus.

*15% de comisión estándar de Booking.com máis o IVE sobre a comisión. Nos programas preferentes, máis. Cálculo orientativo sobre as noites que hoxe entran por Booking.

Proceso

Como funciona

Comparativa

Que leva cada plan

Esta é a mesma táboa que ve o propietario dentro do seu panel. O que non entra no plan non se agocha: aparece marcado, e pódese subir de plan cando queira.

FuncionalidadeEsencialEstudioCompleta
Web a medidaDeseñada e construída para o teu aloxamento, non unha plantilla.IncluídoIncluídoIncluído
Cobro directo ao hóspedeO hóspede págache a ti, sen intermediarios.IncluídoIncluídoIncluído
Calendario e reservasReservas e calendario en vivo, sen overbooking.IncluídoIncluídoIncluído
Edición de prezosCambia o prezo por noite ti mesmo, cando queiras.IncluídoIncluídoIncluído
Incidencias e mensaxesIncidencias e conversa directa con nós.IncluídoIncluídoIncluído
Dominio propioO teu nome na rede, non un subdominio prestado.Non incluídoIncluídoIncluído
Correo co teu dominioCorreo co teu dominio para falar cos hóspedes.Non incluídoIncluídoIncluído
Fotografía profesionalSesión de fotos profesional do aloxamento.Non incluídoIncluídoIncluído
SEO local e blogPara aparecer nas buscas da túa zona, e blog.Non incluídoIncluídoIncluído
Animacións premiumA web móvese e responde: nótase que non é unha plantilla.Non incluídoIncluídoIncluído
Prezo recomendadoSuxerímosche o prezo segundo o teu propio historial.Non incluídoIncluídoIncluído
Código de entrada por reservaUn código distinto por reserva, para a entrada.Non incluídoIncluídoIncluído
Informe mensual de ocupaciónCada mes: noites, ocupación e canto aforraches.Non incluídoIncluídoIncluído
Emails automáticos ao hóspedeBenvida, chegada e despedida, automáticos.Non incluídoNon incluídoIncluído
Bot de atención 24/7Responde as dúbidas do hóspede a calquera hora.Non incluídoNon incluídoIncluído
SEO PremiumTraballo activo de ocupación durante todo o ano.Non incluídoNon incluídoIncluído
Sesión de foto e vídeoSesión completa de foto e vídeo do aloxamento.Non incluídoNon incluídoIncluído
Copywriting integralEscribimos nós todos os textos da web.Non incluídoNon incluídoIncluído
Deseño de marcaDeseño novo de marca, se fai falta.Non incluídoNon incluídoIncluído
Soporte prioritarioVas primeiro na cola cando escribes.Non incluídoNon incluídoIncluído

Condicións

Tres cousas que che dicimos antes de que preguntes

  • 01

    Somos caros comparados cunha plantilla

    Unha web de plantilla cústache pouco máis de 10€ ao mes e móntala ti. Se o prezo é o único criterio, esa é a túa opción — e dicímoscho en serio, sen retranca.

  • 02

    Non facemos mantemento de webs que non fixemos nós

    Só sostemos o que construímos, porque é o único que podemos garantir. Se xa tes web e non a fixemos nós, o que che ofrecemos é refacela, non parchear.

  • 03

    Necesitamos dúas horas túas nas primeiras semanas

    Hai un paso que non podemos dar por ti: conectar a túa conta de cobro para que o hóspede te pague directamente. Sen iso, a reserva directa non chega a funcionar. Dúas horas túas, e non volvemos molestar.

Garantía

Que pasa se algo falla

  • Falas sempre coa mesma persoa: quen deseña e programa a túa web. Non hai centraliña.
  • Antes de empezar recibes un calendario con fitos e un prezo pechado por escrito.
  • Se algo deixa de funcionar por culpa nosa, arránxase sen custo e sen discutir.
  • A web, o dominio e os textos son teus. Se algún día marchas, lévalos contigo.
  • Resposta en menos de 24 h en días laborables.

Preguntas frecuentes

O que nos preguntan

Non é caro?

Compárao co que xa pagas: ata un 18% de cada reserva por Booking, cada ano. A web págase unha vez, e é túa. Na primeira conversa facémosche as contas cos teus números.

Que pasa coas miñas reservas de Booking.com e Airbnb?

Seguen igual. O calendario sincronízase con Booking.com, Airbnb e Google — nunca hai dobre reserva. A túa web é unha canle máis, sen comisión.

Como cobro as reservas directas?

O hóspede paga na túa web e o diñeiro chega directo á túa conta, coa túa propia pasarela de pagamento. Laxe Studio nunca toca o diñeiro das túas reservas.

Que inclúe a mensualidade?

Actualizacións, copias de seguridade, soporte e o panel de xestión en funcionamento. Depende do plan: de 30€ a 50€ ao mes desde o primeiro mes, para ata 3 unidades, e +10€ ao mes por cada unidade a partir da cuarta. O plan Esencial leva ademais un 5% por reserva directa, e os outros dous non teñen comisión ningunha.

Canto tempo leva ter a web en marcha?

Depende do plan e do material co que contes (fotos, textos). Antes de empezar dámosche unha data pechada de entrega e cumprímola.

O seguinte paso

Falamos do teu apartamento?